29 jul. 2010

¡ESCOLA DE PSICOMOTRICIDADE!

PARA NEN@S NAD@S NOS ANOS 2005/2006/2007

Descrición:
A psicomotricidade é unha disciplina que traballa os campos do razoamento e o movemento, e está especialmente dirixida a nen@s de 3 a 5 anos, xa que lles axudará a mellorar o seu comportamento xeral, facilitará os seus aprendizaxes escolares e iniciaránse na actividade deportiva a través do xogo.

Obxetivos:
Con esta actividade trataremos de que o nen@ obteña:
→O coñecemento do seu propio corpo. O control do equilibrio.
→O control da respiración. O dominio da relaxación.
→Eficacia nas coordinacións xerais e parciais.
→Unha correcta estructuración espazo-temporal.