29 sept 2010

¡COMEZA A LIGA PROVINCIAL!

O vindeiro sábado ás 19:15h. no Pavillón Municipal de Viveiro producírase o debut do noso equipo senior masculino na liga provincial enfrontándose ao Samos F.S. O partido correspondese coa 1ª xornada da liga provincial, composta este por un total de 15 equipos e que se amosa como tódolos anos emocionante ata o final.

¡SORTE RAPACES!

27 sept 2010

¡REUNIÓN LIGA DE VETERANOS!

O vindeiro venres 1 de outubro ás 20:30h. vaise a celebrar no Pavillón Municipal de Viveiro a reunión da liga de veteranos de Viveiro. Tódalas persoas e equipos que están interesados en participar deberán de acudir a dita reunión donde se explicará o programa correspondente á tempada 2010-2011.
Recordar que a idade mínima para poder participar son 30 anos (inclusive) e non estar federado.

23 sept 2010

¡NOVO ACORDO DE COLABORACIÓN!

O estudo de FOTOGRAFÍA OLIVER S.L., situado na Calle Pastor Díaz, Nº19 (Viveiro) e o C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO chegaron a un acordo de colaboración, para que tódol@s alumn@s da súa escola de fútbol sala e xogadores do primeiro equipo que desexen sacar fotografías tamaño carné dispoñan de importantes descontos.
Disporán dun 30% de desconto e a principal oferta é a de 6 fotos por un importe de 2,50€ e no caso de querer 12 fotos terían que abonar 1€ máis.
Ademáis, disfrutarán dunhas excelentes instalacións que dispoñen dos últimos adiantos fotográficos, e por suposto dos grandes profesionais que traballan en FOTOGRAFÍA OLIVER S.L.
Para máis información chamar ao teléfono: 982-562-165.

¡CUMPRIRONSE AS EXPECTATIVAS!

Emocionante, divertido, vibrante... ata o final estivo a disputa do I TORNEO ASPORT21 COSTA-LOTTO e que marchou cara a capital lucense pola mellor diferenza de goles.
O torneo comezou coa presentación do equipo senior masculino do C.F.S CIDADE DE VIVEIRO, que saltaba á pista para presentarse díante do seu público. Acto seguido, ás 20:00h. saltaban á pista os dous primeiros participantes, o AZKAR LUGO F.S. B e o S.D. XOVE F.S.. Partido fácil para os da capital e que dominaron de principio a fin como ben reflexa o marcador final 4-0.
Ás 21:00h. disputouse o segundo partido da xornada, partido que supoñía o debut do equipo local e anfitrión C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO, e que a pesar de ser o equipo de menor categoría logrou impoñerse merecidamente ao AZKAR LUGO F.S. por 3-2. A excelente defensa e as rápidas transicións dos rapazes de Manolo Calpita acabaron por tumbar ao equipo lucense que a pesar de atacar có 5x4 os derradeiros minutos non foi quen de darlle a volta ao marcador.
Logo dun pequeno descanso para celebrarse o sorteo dun vale de desconto de 50€ na tenda de deportes ASPORT21 de Viveiro, deu comezo o derradeiro partido da tarde que enfrontaba ao C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO e ao S.D. XOVE F.S. Un partido un pouco descafeinado xa que o equipo local pagou caro o seu esforzo do partido o que fixo, que xunto á eficacia goleadora do Xove, o partido se decantase para o equipo visitante por 1-3.
Trala disputa dos partidos procedeuse á entrega de premios e galardóns individuais por parte das autoridades presentes: Juan Carlos Piñeiro, Xerente de ASPORT21 Viveiro, Emilio González Escourido, Presidente do C.F.S. Cidade de Viveiro, José Menela, Xerente Adxunto ASPORT21 Viveiro e Miguel Ángel Bermúdez, Presidente do S.D. Xove F.S.
PORTEIRO MENOS GOLEADO: Ignacio González e Carlos Areñas do AZKAR LUGO F.S. B
MÁXIMO GOLEADOR: David González do AZKAR LUGO F.S. B
3º CLASIFICADO: S.D. XOVE F.S.
2º CLASIFICADO: C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO
CAMPIÓN: AZKAR LUGO F.S. B

19 sept 2010

¡FAITE SOCIO!

Tod@s as persoas interesadas en facerse soci@s do CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO poden formalizar a súa solicitude: →na tenda de deportes ASPORT21, situada na Avenida Juan García Navia Castrillón, nº 10-12 bajo (Viveiro) →nos dias de partido →mandando os teus datos a cfscidadedeviveiro@gmail.com →nos teléfonos: 651447021/662392305. As tarifas de soci@s para a tempa 2010-2011 son as seguintes: XERAL——————10€ FAMILIAR (2 carnets)—15€ XUBILADO—————8€ Tod@s as persoas que se faigan o seu carnet de socio disporán dun 20% de desconto nas compras que faigan na tenda de deportes ASPORT21. ¡AGORA APÓIANOS MÁIS QUE NUNCA!

¡I TORNEO ASPORT21 COSTA LOTTO!

O vindeiro Mércores día 22 de Setembro vaise a disputar no Pavillón Municipal de Viveiro o I TORNEO ASPORT21 de Fútbol Sala Costa-Lotto, no que van a participar o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO, a S.D. XOVE F.S. e o AZKAR LUGO F.S. “B”. O torneo arrincará ás 20:00h coa disputa do primeiro partido entre o S.D. Xove F.S. e o Azkar Lugo F.S. “B”. Ás 21:00h disputarase o segundo partido entre o C.F.S. Cidade de Viveiro e o S.D. Xove F.S. e ás 22:00 disputarase o derradeiro partido co enfrontamento entre o equipo local C.F.S. Cidade de Viveiro e o Azkar Lugo “B”.
O torneo servirá de presentación do noso equipo senior ,así como, da súa nova escola deportiva de fútbol sala. A entrada será gratuíta para tódolos asistentes.
O torneo esta organizado polo Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro e a tenda de roupa deportiva ASPORT21.

18 sept 2010

¡ACORDO DE COLABORACIÓN CON FISIOTERAPIA ATLAS!

A CLÍNICA FISIOTERAPIA ATLAS, situada na Calle Misericordia, Nº48-Baixo A (Viveiro) e o C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO chegaron a un acordo de colaboración, para que todol@s alumn@s da súa escola de fútbol sala e xogadores do primeiro equipo ,que o desexen, sexan tratados de calquera lesión deportiva que sufran durante os adestramentos e partidos.
Disporán dun 25% de desconto en tódalas consultas e disfrutarán dunhas excelentes instalacións que dispoñen dos últimos adiantos técnicos que serven para complementar o tratamento individual do fisioterapeuta e que contribúen a un mellor e máis rápido resultado terapéutico, e por suposto dos grandes profesionais que traballan en ATLAS.
Todol@s interesad@s en acudir á clínica deberán de pedir cita previa nos teléfonos: 982-563-066/ 619-374-433.

10 sept 2010

S.D. XOVE F.S. 2-2 C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO

Cuarto partido da pretempada no que os rapazes de Manolo Calpita empataron a dous goles contra o S.D. Xove F.S.. O partido disputouse o mércores ás 20:30h. en Xove.

Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e anotaron: Miguel, Calpi, Mayo, Borja(1), Paxy(1), Barry, Sombri e Tati.

¡HORARIOS ESCOLA DE FÚTBOL SALA!

A continuación informamos dos horarios e os dias nos que van adestrar os equipos da nosa escola de fúbol sala (benxamins, alevins, infantiles, cadetes e xuvenís) durante a tempada 2010-2011:

“PAVILLÓN I.E.S. VILAR PONTE”

BENXAMINS: MARTES e XOVES DE 16:00-17:30h.
ALEVINS: LUNS DE 18:00-19:30 e MÉRCORES DE 16:00-17:15h.
INFANTILES: LUNS DE 19:30-21:00 e MÉRCORES DE 17:15-19:00h.
CADETES: MÉRCORES DE 17:15-19:00 e VENRES DE 17:30-19:00h.
XUVENÍS: MÉRCORES DE 19:00-21:00 e VENRES DE 16:00-17:30h.


*Os horarios poden sufrir pequenas modificacións en función d@s nen@s inscrit@s.

4 sept 2010

RIBADEO FS 3-7 C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO

Na tarde deste sábado, os rapazes de Manolo Calpita, disputaron o seu terceiro partido amigable da pretempeda no que lograron impoñerse con claridade ao Ribadeo FS por 3 goles a 7. O partido que se disputou no Pavillón Municipal de Ribadeo supuxo a presentación do equipo local e dende o principio o C.F.S. Cidade de Viveiro fíxose co mando do partido o que lle permiteu manter amplas diferenzas no marcador.

Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e marcaron: Miguel, Borja(2), Paxy(2), Brais(1), Barri(1), Calpi, Álex, Iago, Sombri(1) e Tati.

1 sept 2010

¡COMEZAN OS ADESTRAMENTOS PARA OS XUVENÍS E CADETES!

O mércores día 1 de setembro comezan os adestramentos dos equipos xuvenil e cadete. Os primeiros en saltar á pista serán os cadetes que están citados ás 16:30h. no Pavillón Municipal para dar comezo a súa tempada. Unha hora e media máis tarde, ás 18:00h. será o turno dos xuvenís que se presentarán e darán comezo tamén cos seus adestramentos.
O club convida á primeira sesión de adestramento da tempada 2010-11, a todos aqueles rapaces nados entre os anos 1992 e 1996 que estean interesados en formar parte dos conxuntos xuvenil e cadete, donde se lles dará toda a información necesaria.

C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO 5-3 BURELA TURÍSTICA PALESTINA

No segundo partido da pretempada os pupilos de Manolo Calpita volveron a impoñerse ao Burela Turística Palestina por 5 goles a 3. Bo partido en liñas xerais do equipo que sigue coa súa preparación de cara o inicio de liga e que siginificará o seu debut na liga provincial.
Por parte do C.F.S. Cidade de Viveiro xogaron e anotaron: Miguel, Brais(2), Calpi, Mayo, Iago, Borja(1), Paxy(1), Barry(1), Sombri e Tati.