23 sept. 2010

¡CUMPRIRONSE AS EXPECTATIVAS!

Emocionante, divertido, vibrante... ata o final estivo a disputa do I TORNEO ASPORT21 COSTA-LOTTO e que marchou cara a capital lucense pola mellor diferenza de goles.
O torneo comezou coa presentación do equipo senior masculino do C.F.S CIDADE DE VIVEIRO, que saltaba á pista para presentarse díante do seu público. Acto seguido, ás 20:00h. saltaban á pista os dous primeiros participantes, o AZKAR LUGO F.S. B e o S.D. XOVE F.S.. Partido fácil para os da capital e que dominaron de principio a fin como ben reflexa o marcador final 4-0.
Ás 21:00h. disputouse o segundo partido da xornada, partido que supoñía o debut do equipo local e anfitrión C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO, e que a pesar de ser o equipo de menor categoría logrou impoñerse merecidamente ao AZKAR LUGO F.S. por 3-2. A excelente defensa e as rápidas transicións dos rapazes de Manolo Calpita acabaron por tumbar ao equipo lucense que a pesar de atacar có 5x4 os derradeiros minutos non foi quen de darlle a volta ao marcador.
Logo dun pequeno descanso para celebrarse o sorteo dun vale de desconto de 50€ na tenda de deportes ASPORT21 de Viveiro, deu comezo o derradeiro partido da tarde que enfrontaba ao C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO e ao S.D. XOVE F.S. Un partido un pouco descafeinado xa que o equipo local pagou caro o seu esforzo do partido o que fixo, que xunto á eficacia goleadora do Xove, o partido se decantase para o equipo visitante por 1-3.
Trala disputa dos partidos procedeuse á entrega de premios e galardóns individuais por parte das autoridades presentes: Juan Carlos Piñeiro, Xerente de ASPORT21 Viveiro, Emilio González Escourido, Presidente do C.F.S. Cidade de Viveiro, José Menela, Xerente Adxunto ASPORT21 Viveiro e Miguel Ángel Bermúdez, Presidente do S.D. Xove F.S.
PORTEIRO MENOS GOLEADO: Ignacio González e Carlos Areñas do AZKAR LUGO F.S. B
MÁXIMO GOLEADOR: David González do AZKAR LUGO F.S. B
3º CLASIFICADO: S.D. XOVE F.S.
2º CLASIFICADO: C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO
CAMPIÓN: AZKAR LUGO F.S. B